Saturday 18 de May de 2024

Martes de Entroido e San Xoán serán os festivos locais de Oleiros en 2024


O pleno municipal acordou designar como festivos locais de Oleiros para o ano 2024 o martes de Entroido (13 de febreiro) e o San Xoán (24 de xuño).

O concelleiro electo pola candidatura do Bloque Nacionalista Galego, Iván Roca Cruz, tomou posesión do seu cargo ao comezo da sesión. O pleno municipal celebrado esta tarde tamén aprobou diversos asuntos relacionados coa ordenación urbanística.